Foros xerais vascos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Foros eran o conxunto de leis particulares, propias dun lugar ou territorio, que incluían costumes, privilexios políticos, económicos e mesmo normas penais, refrendados, normalmente, polo monarca. Para o País Vasco non houbo un foro único, senón que eran propios de cada unha das tres provincias, á parte de foros singulares de tipo municipal. Navarra, monarquía independente ata 1512, tiña o seu propio ordenamento. Porén as semellanzas nas normas e as coincidencias no funcionamento permiten falarmos de Foros xerais ou Foros vascos para o territorio vasco e navarro.
Estes foros desenvolvéronse na Idade Media e durante o Antigo Réxime, e mantivéronse ata 1839, sendo orixe a partir desa data de fortes controversias, que conduciron ata enfrontamentos armados, especialmente as denominadas guerras carlistas.