Formato Normandía
encontros entre Alemaña, Francia, Rusia e Ucraína sobre Donbas / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Formato Normandía (en francés: Format Normandie) son un conxunto de encontros implicando catro Estados: Alemaña, Rusia, Ucraína e Francia, tamén coñecido como o grupo de contacto de Normandía,[1] cuxos representantes se reuniron informalmente durante a celebración do Día D de 2014 en Normandía, Francia, nun esforzo por resolver a guerra no Donbas.[2] O nome veu do feito de que as conversacións de 2014 tiveron lugar ao redor do 70 aniversario do Desembarco.