Festival de Ópera da Coruña
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Festival de Ópera da Coruña é un festival de música de carácter anual centrado na ópera e a lírica, que ten lugar na cidade da Coruña (Galiza). A primeira edición do festival celebrouse no ano 1953 e dende aquela pasaron cada ano pola capital herculina algunhas das mellores voces da lírica internacional como o tenor Alfredo Kraus, o barítono Leo Nucci ou a soprano Montserrat Caballé. O Festival de Ópera da Coruña é organizado pola Asociación de Amigos da Ópera da Coruña. Na edición de 2008 estreouse en produción da Asociación a ópera en galego O arame, composta por Juan Durán. Nos últimos anos, paralelamente á actividade operística teñen lugar concertos e galas líricas, introducindo na edición de 2011 un concerto de novas voces galegas.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Coruña.