Festas de San Froilán de Lugo
From Wikipedia, the free encyclopedia
As festas de San Froilán teñen lugar en Lugo entre o 4 e o 12 de outubro. Xiran arredor do 5 de outubro, día en que o santoral católico conmemora o día de San Froilán. Foron proclamadas de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria e Turismo en 2006. Na actualidade son organizadas exclusivamente polo Concello de Lugo.