Fernando de Magalhães
navegante portugués / From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando de Magalhães[1] (Fernão de Magalhães en portugués, Fernando de Magallanes en castelán)[nota 1] nado a finais do século XV (1480?[2]) como Fernão de Magalhães probabelmente na vila do norte de Portugal da Ponte da Barca[2][3], e finado na illa filipina de Mactan[3] o 27 de abril de 1521[4], foi un navegante e explorador portugués da época dos grandes descubrimentos coñecido porque, ao servizo de Carlos I de España e baixo o nome de Fernando de Magallanes, foi autor da primeira circunnavegación da historia ao redor da Terra, iniciada en 1519 baixo as súas ordes, ata a súa morte, e finalizada, despois de tres anos de viaxe, en setembro de 1522 baixo as ordes de Juan Sebastián Elcano. Así mesmo foi o primeiro en cruzar o Estreito de Magalhães así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do océano Pacífico, coñecido en aqueles tempos como mar do Sur.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Nome orixinal | (pt) Fernão de Magalhães |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1480 Ponte da Barca (Reino de Portugal) |
Morte | 27 de abril de 1521 (40/41 anos) Mactan |
Causa da morte | homicidio, morto en combate |
Lugar de sepultura | valor descoñecido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Portugal Coroa de Castela |
Actividade | |
Ocupación | explorador , mariño , navegante |
Lingua | Lingua italiana, lingua portuguesa e lingua castelá |
Carreira militar | |
Lealdade | Imperio Español |
Rango militar | capitán |
Comandante de (OBSOLETO) | Expedición de Magalhães-Elcano e Trinidad (pt) |
Conflito | Batalha de Mactán (pt) |
Participou en | |
10 de agosto de 1519 | Expedición de Magalhães-Elcano |
Familia | |
Cónxuxe | Beatriz Barbosa |
Pais | Rui de Rui de Magalhães (en) e Alda de Mesquita |
Premios | |
No século XV, ao contrario da crenza popular, a redondez da Terra xa era coñecida desde tempos remotos.[5][6] No século III a. C., Eratóstenes medira a circunferencia cunha notable exactitude. Aínda que os escritos dos gregos, especialmente de Aristóteles, perderon a súa influencia, esta idea estendeuse durante a Idade media. O Tratado da esfera de Joannes Sacrobosco, escrito en París en 1224, foi amplamente publicado en todos os círculos académicos, sen que a igrexa puxera inconvenientes. O primeiro globo terrestre coñecido, é dicir, o máis antigo que se conserva, fíxoo Martin Behaim en Nuremberg en 1492.
Naquela época, Europa desenvolvera un gusto polas especies exóticas que impulsou aínda máis os intereses dos xeógrafos, exploradores e comerciantes. [nota 2][nota 3] Magalhães estaba convencido de que as Molucas (illas das Especias) estaban na metade da Terra que correspondia á Coroa de Castela tras o Tratado de Tordesillas, tratado que dividía o mundo entre casteláns e portugueses desde 1494. Pensou que podería chegar polo oeste as illas das Especias, que abordara durante a súa visita a Malacca, en 1511-1512. Mesmo antes de iniciar a súa viaxe ás Molucas, de onde era orixinario o cravo, Magalhães recibira cartas exclusivas dun dos seus amigos persoais, o portugués Francisco Serrão, que estivera alí en 1512. Sería este proxecto de chegar as illas occidentais das especies, finalmente co apoio da Coroa de Castela, o que levou a súa frota a dar a volta ao mundo, aínda que non era este o proxecto orixinal. O evento tivo un impacto considerable en Europa. Tras pouco máis dun cuarto de século, levouse a cabo o proxecto orixinal de Colón e, como sinalou Pierre Chaunu, «o mundo nunca foi tan grande como despois da viaxe de Magalhães».[7]
As aptitudes de navegación de Fernando de Magalhães foron recoñecidas no nomeamento de obxectos asociados á astronomía, incluíndo un par de galaxias ananas descritas polo erudito veneciano Antonio Pigafetta, quen acompañaba a Magalhães na circunnavegación da Terra, e que foron nomeadas séculos despois na súa honra, como nebulosas de Magalhães[8]; dous cráteres lunares situados no bordo SO do Mare Fecunditatis; ou a sonda espacial Magalhães, lanzada pola NASA o 4 de maio de 1989 para explorar a superficie de Venus. En bioloxía, o pingüín de Magalhães leva o seu nome por seren os compoñentes da súa expedición os primeiros europeos en teren visto un. A súa vida e a viaxe de circunnavegación é descrita ao pormenor no romance biográfico "Fernão de Magalhães e a Ave-do-Paraíso"[9] do escritor portugués João Morgado.