Federación Universitaria Escolar
Organización estudantil durante a Ditadura de Primo de Rivera / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Federación Universitaria Escolar (FUE) foi unha organización estudantil fundada na Universidade Central de Madrid (España) a finais de 1926 por Antonio María Sbert e outros dous estudantes como alternativa á até entón hexemónica Asociación de Estudiantes Católicos (AEC), e no contexto das protestas estudantís contra a política universitaria da Ditadura de Primo de Rivera, que pronto derivaron nunha rebelión, primeiro, contra a Ditadura e, logo, contra a Monarquía de Afonso XIII. Trala proclamación da Segunda República Española, a FUE extinguiuse diluíndose nas diversas organizacións xuvenís e partidos de esquerda. Sbert foi deputado por Esquerra Republicana de Catalunya.
Datos rápidos Tipo, País ...
Federación Universitaria Escolar | |
---|---|
Tipo | órgano administrativo |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar