Fariña (serie de televisión)
serie de televisión / From Wikipedia, the free encyclopedia
Fariña é unha serie de televisión inspirada en feitos reais, emitida pola canle de televisión española Antena 3, entre o 28 de febreiro e o 9 de maio de 2018. Está baseada no libro homónimo Fariña, do xornalista coruñés Nacho Carretero, e versa sobre o narcotráfico en Galicia e Sito Miñanco, un histórico traficante de drogas galego.[3]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fariña (homónimos).
Datos rápidos Xénero, Escrito por ...
Xénero | Suspense |
---|---|
Escrito por | Ramón Campos Gema R. Neira Cristóbal Garrido Diego Sotelo[1] |
Dirixido por | Carlos Sedes Jorge Torregrossa[1] |
Intérpretes | véxase a sección de seu |
Tema de apertura | "O que teño que facer para non ter que ir ó mar" de Iván Ferreiro[2] |
Lingua(s) | castelán |
Temporadas | 1 |
Episodios | 10 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) | Ramón Campos, Teresa Fernández-Valdés e Carlos Sedes |
Produtor(es) | Bambú Producciones |
Localización(s) | Varias en Galicia e Madrid. |
Duración | ata 70 min. por episodio |
Distribuidor | Atresmedia |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 28 de febreiro de 2018 |
Na rede | |
http://www.antena3.com/series/farina/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Foi producida por Atresmedia Televisión en colaboración con Bambú Producciones e nela participaron un gran número de actores galegos como Javier Rey, Celso Bugallo, Marta Larralde, Patricia Vázquez e Antonio Durán "Morris", entre moitos outros.[4]
A súa estrea foi adiantada debido ao secuestro cautelar xudicial do libro no que está baseado, levado a cabo o 5 de marzo de 2018.[5]