Expulsión dos mouriscos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A expulsión dos mouriscos da Monarquía Hispánica foi ordenada polo rei Filipe III e foi levada a cabo de forma graduada entre 1609 e 1613. Os primeiros mouriscos expulsados foron os do Reino de Valencia (o decreto fíxose público o 22 de setembro de 1609), ós que seguiron os de Andalucía (10 de xaneiro de 1610), Estremadura e as dúas Castelas (10 de xullo de 1610), a Coroa de Castela, e os da Coroa de Aragón (29 de maio de 1610). Os últimos expulsados foron os do Reino de Murcia, primeiro os de orixe granadina (8 de outubro de 1610), e máis tarde os do Valle de Ricote e o resto de mouriscos antigos (outubro de 1613). Trala promulgación dos decretos de expulsión, celebrouse o 25 de marzo de 1611 en Madrid unha procesión de acción de grazas «á que asistiu S. M. vestido de branco, moi galán», segundo relatou un cronista. En total foron expulsadas unhas 300 000 persoas, a maioría delas dos reinos de Valencia e de Aragón que foron os máis afectados, xa que perderon un terzo e un sexto da súa poboación, respectivamente.