Exército de Terra de Acerbaixán
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Exército de Terra de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan Silahlı Qüvvələri Quru Qoşunları) e a rama terrestre das Forzas Armadas de República de Acerbaixán.[1][2] Conxuntamente coa Armada e o Exército do Aire, o exército serve, principalmente, como forza de autodefensa para protexer a integridade territorial do país e fornecer tanto asistencia humanitaria como seguranza no territorio estatal e no estranxeiro. Actualmente[cando?] o Exército de Terra de Acerbaixán conta con aproximadamente 57.000 efectivos, así como 15.000 reservistas.[Cómpre referencia] O exército está equipado con armas de fogo, artillaría, artillaría antiaérea, morteiros, carros, vehículos blindados de combate (Transportes blindados de persoal (APC) e Vehículos de combate de infantaría (IFV)) e outros equipos.[3] Este exército foi creado en 1918, pero a súa formación actual só foi creado en 1992. O exército foi creado por primeira vez en 1918, cando a República Democrática de Acerbaixán conseguiu a súa independencia do Imperio Ruso durante a Revolución e a seguinte guerra civil. O exército durou ata 1920, ano en que o país foi anexionado pola Unión Soviética. O exército foi restablecido cando o Acerbaixán tornouse independente trala disolución da Unión Soviética.[4]
Exército de Terra de Acerbaixán | |
---|---|
Tipo | exército de terra |
Data de fundación | 1992 |
Organización matriz | Azerbaijani Armed Forces |
Sede | Bakú |
País | Acerbaixán |
[ editar datos en Wikidata ] |