Eurocopa de Fútbol de 2004
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Eurocopa da UEFA de 2004 foi a décimo segunda edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo tivo lugar en Portugal dende o 12 de xuño ao 4 de xullo de 2004. Foi a primeira vez que Portugal albergaba unha fase final da Eurocopa, tras ser escollida pola UEFA o 12 de outubro de 1999, por diante de España e a candidatura conxunta de Austria e Hungría. Os partidos disputáronse en 10 estadios de 8 cidades: Aveiro, Braga, Coímbra, Guimarães, Faro/Loulé, Leiria, Lisboa e Porto.
Tipo | Eurocopa de Fútbol |
---|---|
Mascota | Kinas (en) |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 16 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Portugal 39°N 9°O |
Intervalo de tempo | 12 de xuño de 2004 – 4 de xullo de 2004 |
Número de edición | 12 (2004) |
Competición | |
campión | Grecia |
subcampión | Portugal |
Datos estatísticos | |
Partidos | 31 |
Goles | 77 |
Máis goles marcados | Milan Baroš↔ República Checa (5) |
Xogador Máis Valioso | Theodoros Zagorakis (pt) ↔ Grecia |
Número de espectadores | 1.156.473 |
A fase final estivo composta por 16 equipos, nos que destacou a presenza de Letonia por primeira vez na súa historia, e tamén a de Grecia, que volvía a unha Eurocopa 24 anos despois. Foi precisamente Grecia quen conseguiría levarse o torneo ó vencer na final ós anfitrións, a selección de Portugal, por un gol a cero, conseguindo así a primeira Eurocopa da súa historia.