![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/Eukaryota_diversity_2.jpg/640px-Eukaryota_diversity_2.jpg&w=640&q=50)
Eukaryota
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os eucariontes son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.[1][2][3] Estes organismos constan dunha ou máis células eucariotas, abranguendo dende organismos unicelulares ata verdadeiros pluricelulares nos cales as diferentes células especialízanse en diferentes tarefas e que, en xeral, non poden sobrevivir de forma illada.
Eucariontes Eukaryota Rango fósil: 1850–0 Ma Proterozoico-actualidade | |||
---|---|---|---|
![]() Eucariontes e algúns exemplos da súa diversidade de especies | |||
Clasificación científica | |||
| |||
Supergrupos e Reinos | |||
Ás veces aqueles eucariontes que non se poden clasificar dentro dos reinos Plantae, Animalia ou Fungi clasifícanse dentro do reino Protista. |