Estratificación social
From Wikipedia, the free encyclopedia
A estratificación social é a conformación en grupos verticais diferenciados de acordo a criterios establecidos e recoñecidos. Dá conta ou é un medio para representar a desigualdade social dunha sociedade na distribución dos bens e atributos socialmente valorados. Dita desigualdade está institucionalizada, e ten unha consistencia e coherencia a través do tempo. Formas de estratificación social, xeralmente citadas, son as castas, estamentos e clases sociais.