Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932
primeiro estatuto de autonomía para Cataluña / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932, tamén coñecido como Estatuto de Núria, foi o primeiro estatuto de autonomía redactado en Cataluña e o primeiro en ser aprobado en España. De carácter soberanista, o estatuto foi impulsado polo entón presidente da Generalitat, Francesc Macià, e aprobado en referendo polo 99% dos votantes. O anteproxecto do Estatuto rematouse o 20 de xuño en Núria (Ripollès), e foi aprobado polo Congreso dos Deputados o 9 de setembro de 1932.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Estatuto de Autonomía de Cataluña.