Estados dos Estados Unidos de América
entidade política constituínte dos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Estados Unidos de América son unha federación de 50 estados máis algunhas outras entidades cunha extensión total duns dez millóns de km2. Estes estados distribúense case na súa totalidade en América do Norte, agás Hawai, que se atopa no medio do océano Pacífico e xeograficamente en Oceanía.
A cidade de Washington, no chamado Distrito de Columbia, é a sede do goberno federal.
Catro dos estados teñen o nome oficial de Commonwealth: Kentucky, Massachusetts, Pensilvania e Virxinia. Texas e California empregan oficialmente, por veces, o nome de República.