Especies ameazadas
especie cun alto risco de extinción en liberdade / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo até colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir.
Non hai consenso sobre os criterios de inclusión dunha especie na lista das ameazadas. Hai unha interpretación corrente de que a preservación de especies ameazadas é incompatíbel coa explotación económica do ambiente en que viven, que debería ser preservado como un santuario ecolóxico intocábel. Isto é verdade nalgúns casos extremos, mais non en todos. Crece o número de propostas de uso económico sustentábel de hábitats naturais, combinando agricultura e gandaría coa preservación da cobertura vexetal e polo tanto da diversidade da flora e da fauna.