Escorpión (astroloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Escorpión (♏︎) é o oitavo signo astrolóxico do zodíaco, o cuarto de natureza negativa e o terceiro de calidade fixa.[1][2] Simboliza a destrución e o renacemento, está rexido polos planetas Marte e Plutón. Considérase que alguén é do signo Escorpión cando nace entre o 23 de outubro e o 22 de novembro.[3]
Datos rápidos Símbolo zodiacal, Duración (Tropical) ...
Escorpión | |
---|---|
Símbolo zodiacal | O escorpión |
Duración (Tropical) | 8 de outubro - 22 de novembro (2024, UTC) |
Duración (Sideral, hindú) | 20 de novembro - 16 de decembro (2024, UTC) |
Constelación | Scorpius |
Elemento | Auga |
Calidade zodiacal | Fixo |
Domicilio | Plutón e Marte |
Detrimento | Venus |
Exaltación | Urano e Mercurio |
Caída | Lúa |
Pechar
Pertence, xunto a Pisces e Cáncer, ó elemento auga,[4] e é un dos catro signos de natureza fixa do zodíaco xunto a Touro, León e Acuario.[5] O seu signo oposto e complementario á vez é Touro.[6]