Equivalencia masa-enerxía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A ecuación da equivalencia masa-enerxía E = mc2, empregada na Teoría da relatividade, indica que a materia é simplemente outra forma de enerxía, concepto paradoxal en física clásica (e no sentido común). Porén, grazas a esta ecuación foi posible explicar fenómenos como a desintegración radioactiva.
Tecnicamente a expresión resulta ser ±E = ±mc2, o que implica que a fórmula admite a existencia tanto de enerxía negativa e positiva, como de materia positiva e negativa, sendo a materia positiva e a enerxía positiva as formas comúns de materia e enerxía que coñecemos, e as súas formas negativas son, polo de agora, teóricas.
A fórmula establece a relación de proporcionalidade directa entre a enerxía (segundo a definición hamiltoniana) E coa masa m.
A fórmula tamén indica a relación cuantitativa entre masa e enerxía en calquera proceso onde unha se transforma na outra, como nunha explosión nuclear. O E pode tomarse como a enerxía liberada cando unha certa cantidade de masa m é transformada, ou como a enerxía absorbida para crear unha certa cantidade de masa m. En ambos casos, a enerxía liberada (ou absorbida) é unha cantidade similar á masa destruída (ou creada) multiplicada polo cadrado da velocidade da luz (c).