Epaminondas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Epaminondas (en grego: Ἐπαμεινώνδας), nado c. -418 e finado en -362, foi un xeneral e político grego do século -IV que transformou a cidade-estado de Tebas para convertela na nova potencia hexemónica de Grecia, en substitución de Esparta.
Nome orixinal | (grc) Ἐπαμεινώνδας |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 420 a. C. ↔ 415 a. C. Thebes, Grecia (en) |
Morte | 362 a. C. (55/56 anos) Mantineia, Grecia (pt) |
Causa da morte | morto en combate |
Beotarca (pt) | |
372 a. C. – 371 a. C. | |
Beotarca (pt) | |
371 a. C. – 370 a. C. | |
Beotarca (pt) | |
370 a. C. – 369 a. C. | |
Beotarca (pt) | |
368 a. C. – 367 a. C. | |
Beotarca (pt) | |
363 a. C. – 362 a. C. | |
Estratego | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Thebes (en) |
Relixión | Relixión da Grecia antiga |
Actividade | |
Campo de traballo | Militar (pt) |
Lugar de traballo | Tebas |
Ocupación | político , estadista , líder militar , militar , oficial do exército |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Lingua | Grego antigo |
Carreira militar | |
Conflito | Batalha de Leuctra (pt) e Batalha de Mantineia (pt) |
Familia | |
Pai | Polymnis (en) |
Epaminondas redibuxou o mapa político de Grecia, fragmentou antigas alianzas, creou novas e supervisou a construción de cidades enteiras. Tamén tivo grande influencia militar, inventando e poñendo en funcionamento diversas e moi importantes tácticas de batalla. Antes do seu mandato, Tebas atopábase nunha situación de dominio espartano. Epaminondas logrou mellorar a capacidade militar de Tebas para situala nunha posición preeminente dentro da política de Grecia, creando o que se coñecería como a hexemonía tebana. No proceso acabou coa supremacía militar espartana na Batalla de Leuctra e liberou os ilotas de Mesenia, un grupo de gregos do Peloponeso que foran reducidos á servidume baixo o dominio de Esparta durante uns 200 anos.
O orador romano Cicerón chamouno o primeiro home de Grecia, aínda que Epaminondas caeu nunha relativa escuridade nos tempos modernos. Os cambios que Epaminondas levou á orde política grego non lle sobreviviron moito tempo, dado que o ciclo de hexemonías e alianzas aínda non se estabilizou. Tan só 27 anos despois da súa morte, Tebas foi destruída por Filipo II de Macedonia, batalla na que tamén participou o seu fillo Alexandre Magno. Por todo iso, Epaminondas non é lembrado tanto como un idealista e liberador (como o vían no seu tempo), senón por unha década de campañas (desde -371 até -362) que deron forma e forza aos grandes poderes de Grecia e que pavimentou o camiño para a posterior conquista macedonia.