Enxeñaría civil
From Wikipedia, the free encyclopedia
A enxeñaría civil é unha rama da enxeñaría, que aplica os coñecementos de física, química, cálculo, xeografía e xeoloxía á elaboración de infraestruturas, obras hidráulicas e de transporte. A denominación "civil" débese á súa orixe diferenciada da enxeñaría militar.
Ten tamén un forte compoñente organizativo que logra a súa aplicación na administración do ambiente urbano principalmente, e frecuentemente rural; non só no referente á construción, senón tamén, ao mantemento, control e operación do construído, así como na planificación da vida humana no ambiente deseñado desde esta mesma. Isto comprende plans de organización territorial como prevención de desastres, control de tráfico e transporte, manexo de recursos hídricos, servizos públicos, tratamento de lixos e todas aquelas actividades que garanten o benestar da humanidade que desenvolve a súa vida sobre as obras civís construídas e operadas por enxeñeiros.