Envés
From Wikipedia, the free encyclopedia
En botánica, chámase envés[1] ou revés á cara inferior da lámina ou limbo da folla dunha planta. A epiderme do envés tende a ser diferente á da face ou cara superior; case sempre presenta unha cutícula máis fina, maior densidade de estomas e, frecuentemente tamén, maior abundancia de tricoma (pelos epidérmicos). Case sempre é de cor máis clara cá face.