Encélado (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Encélado é a sexta lúa máis grande do planeta Saturno.[12] Foi descuberta no ano 1789 por William Herschel.[13]
Encélado | |
---|---|
Neste mosaico da rexión do polo norte de Encélado podemos observar cráteres degradados, fracturas e terreos caóticos. Os dous prominentes cráteres que están no medio da imaxe e sobre o terminador son Ali Baba (o de máis arriba) e Aladdin. A Samarkand Sulci corre verticalmente á esquerda dos cráteres mencionados. | |
Descubrimento | |
Descuberto por | William Herschel |
Data do descubrimento | 28-08-1789 [1] |
Designacións | |
Designación alternativa | Saturno II |
Características orbitais | |
Eixo Semi-maior | 237.948 km |
Excentricidade | 0,0047 [2] |
Período orbital | 1,370218 d[3] |
Inclinación orbital | 0,019° (respecto do ecuador de Saturno) |
Satélite de: | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 513,2 × 502,8 × 496,6 km [4] |
Raio medio | 252,1 ± 0,2 km[4](0,0395 Terras) |
Masa | 1,08022 ± 0,00101 x 1020 kg [5] (1,8 × 10−5 Terras) |
Densidade media | 1,609 ± 0,005 g/cm³[4] |
Gravidade superficial ecuatorial | 0,114 m/s² (0,0113 g) |
Velocidade de escape | 0,239 km/s (860,4 km/h) |
Período de rotación sideral | sincrónica |
Oblicuidade da eclíptica | cero |
Albedo | 1,375 ± 0,008 (xeométrico) ou 0,99 (albedo de Bond)[6] |
Temperaturas | | min. 32,9 K med. 75 K max. 145 K [7] |
Magnitude aparente | 11,7[8] |
Atmosfera | |
Presión atmosférica | Trazas, cunha variabilidade rexional significativa[9][10] |
Composición da Atmosfera | 91% vapor de auga 4% Nitróxeno 3,2% Dióxido de carbono 1,7% Metano [8][11] |
Encélado confirmou ter auga líquida baixo a súa codia de xeo de auga[14] case puro, como amosan marcas que resaltan da análise dos datos de Cassini. Os criovolcáns do polo sur son capaces de emitir chorros de partículas de xeo de auga que acadan o espazo aberto. Moitos destes chorros de auga volven cara a superficie en forma de "neve", algunhas das partículas que acadan o espazo exterior acaban formando parte dos aneis de Saturno, mentres que outras acaban precipitándose cara ao planeta. Pénsase que a totalidade do anel E está composto de partículas de xeo procedentes de Encélado. Grazas a posible presenza de auga na superficie ou preto dela, Encélado podería ser un dos mellores sitios nos que a humanidade procure por vida extraterrestre. En contraste, a auga que se cre que hai na lúa de Xúpiter, Europa, estaría baixo unha grosa codia de xeo.
Antes de que as dúas sondas Voyager chegaran a Saturno, a comezos da década dos oitenta, pouco ou moi pouco se sabía deste pequena lúa agás da presenza de xeo na súa superficie. As Voyagers amosaron que o diámetro de era de só 500 km, só unha décima parte diámetro da lúa máis grande de Saturno, Titán, e reflicte practicamente toda a luz solar que golpea coa súa superficie. A Voyager 1 revelou que Encélado orbitaba no interior da parte máis densa do difuso anel E, indicando unha posible asociación entre ambos, mentres cá Voyager 2 revelou que a pesar do pequeno tamaño da lúa, esta tiña todo un rango de terreos, dende os terreos antigos moi craterizados ata as rexións con superficies moi novas, tectonicamente deformadas e con algunhas superficies de menos de 100 millóns de anos.
Comezando o ano 2005, e ata 2017, a sonda Cassini fixo ata 147 sobrevoos (23 a baixa altitude) sobre Encélado,[14] amosando a súa superficie e o contorno da lúa con gran detalle. O achado máis notable foi o descubrimento de grandes chorros de auga que agroman no polo sur da lúa. Este achado, xunto co coñecemento que se posúe do escape de calor interno e a escaseza de cráteres de impacto na rexión do polo sur, indican que Encélado está xeoloxicamente activo. As lúas dos grandes planetas gasosos quedan moi a miúdo atrapadas en resonancias orbitais que forzan a estas lúas a ter libración ou unha excentricidade orbital que non posuían; a proximidade destas lúas ó planeta tamén pode levar ó seu quecemento interno debido ás mareas gravitatorias (en adición ós fenómenos anteriormente citados), ofrecendo así unha explicación á súa actividade xeolóxica.
Encélado é un dos tres corpos do Sistema Solar (exceptuando a Terra, xunto coa lúa de Xúpiter, Ío e a lúa de Neptuno, Tritón, nas cales se puideron observar erupcións activas. A análise da desgasificación suxire que esta debería ser orixinada nun corpo con auga líquida baixo a superficie, o que sumado á particular química observada nas plumas (chorros) dos criovolcáns, fai que se alimenten as especulación en torno a que Encélado podería ser un importante lugar para o estudo da astrobioloxía.[15] The discovery of the plume has added further weight to the argument that material released from Enceladus is the source of the E ring.
En maio do 2011, científicos da NASA na Enceladus Focus Group Conference informaron que Encélado "é o lugar do Sistema Solar nestes momentos con máis posibilidades de ter vida que non sexa a Terra".[16][17]