Eleccións xerais do Perú de 2011
From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións xerais do Perú de 2011 realizáronse o 10 de abril do ano 2011, co fin de elixir as persoas que ocupen varios dos máis altos cargos do Estado da República do Perú durante o período 2011-2016. Renováronse os cargos políticos do Poder Executivo e do Poder Lexislativo. A segunda volta electoral realizouse o 5 de xuño de 2011, entre os dous candidatos máis votados na primeira volta para escoller o novo Presidente e Vicepresidentes da República.
Eleccións xerais do Perú de 2011 | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2006 (pt) 2016 (pt) → | |||||||||||||||||||||||||||
Data | 10 de abril de 2011 | ||||||||||||||||||||||||||
Tipo | parliamentary election in Peru (en) | ||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | Presidente do Perú membro do Congresso da República do Peru (pt) | ||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Os cargos que se elixiron foron os seguintes:
- Elección presidencial:
- Presidente Constitucional da República
- Primeiro Vicepresidente da República
- Segundo Vicepresidente da República
- Elección congresal:
- 130 Congresistas da República, repartidos en certo número correspondente a cada rexión do país segundo a poboación electoral.
- Elección de representantes ao Parlamento Andino:
- 5 parlamentarios andinos
- 10 parlamentarios andinos suplentes
No caso da elección presidencial, realizouse unha segunda rolda electoral entre os dous candidatos coas máis altas votacións, debido a que ningún dos candidatos obtivo o 50% máis 1 voto dos votos validamente emitidos.
Os parlamentarios elixidos xuramentaron e asumiron funcións o 26 de xullo de 2011; o Presidente Constitucional da República e os seus vicepresidentes electos fixérono o 28 de xullo de 2011.