Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2024
sexaxésimas eleccións de presidente e vicepresidente dos Estados Unidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións presidenciais de 2024, celebraranse o martes 5 de novembro de 2024, serán as 60 eleccións presidenciais nos Estados Unidos.[1]
Este artigo ou sección refírese ou está relacionado cun proceso electoral futuro. A información deste artigo pode cambiar frecuentemente. Por favor, non agregues datos especulativos e lembra colocar referencias a fontes fiables para dar máis detalles. |
Os votantes elixen aos compromisarios que á súa vez deberán escoller ao novo presidente e vicepresidente a través do Colexio Electoral. Nótese que os resultados do censo de 2020 determinarán o número de delegados para cada estado no Colexio Electoral para estas eleccións.[2][3][4]
O límite establecido pola Vixesimosegunda Emenda constitucional permite ao presidente no cargo, Joe Biden, ser reelecto para un segundo período de goberno. É probable que as eleccións primarias presidenciais e asembleas electorais se celebren durante os primeiros seis meses de 2024. Este proceso electoral é tamén unha elección indirecta, onde os votantes emiten os seus votos por unha lista de delegados para unha convención de nomeamento dun partido político, quen logo elixen ao nomeado presidencial do seu partido. Ademais, elíxense 33 senadores e a totalidade da Cámara de Representantes.