Eleccións municipais de España de 2023
eleccións municipais en España / From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións municipais de España de 2023 celebráronse o domingo 28 de maio de 2023.[1][2][3] Elixíronse os concelleiros de todos os concellos, así coma os alcaldes no caso dos municipios con concello aberto. Á vez discorreron as eleccións autonómicas de España de 2023.[1]
Eleccións municipais de España de 2023 | |
---|---|
← 2019 | |
Data | 28 de maio de 2023 |
Tipo | eleccións municipais en Epsña |
Parte de | eleccións municipais en Epsña |
Resultado da votación | |
Os concelleiros dos concellos son elixidos a través dun sistema proporcional (con repartimento d'Hondt), con listas pechadas e un limiar electoral do 5 %. Os alcaldes de municipios en réxime de concello aberto son elixidos mediante un sistema maioritario. Os resultados destes comicios tamén comportaron a elección indirecta de deputados provinciais.
A consecuencia dos resultados electorais municipais e autonómicos, o luns 29 de maio o presidente do goberno de España, Pedro Sánchez Pérez-Castejón, anunciou a disolución das Cortes e a convocatoria dunhas eleccións xerais anticipadas para o 23 de xullo de 2023.[4][5]