Eleccións municipais de España de 2011
From Wikipedia, the free encyclopedia
De acordo co establecido pola Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG),[1] o 22 de maio de 2011 (cuarto domingo de maio), celebráronse en España eleccións municipais. O 29 de marzo foi publicado no BOE o Decreto de convocatoria.[2]
Eleccións municipais de España de 2011 | |
---|---|
← 2007 2015 → | |
Data | 22 de maio de 2011 |
Tipo | eleccións municipais e eleccións en España |
Resultado da votación | |
Por outra parte, na mesma xornada, tamén se celebraron eleccións en trece das dezasete comunidades autónomas españolas (Asturias, Cantabria, Navarra, Castela e León, A Rioxa, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Rexión de Murcia, Canarias, Illas Baleares, Aragón e Estremadura) e nas dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla); ás Xuntas Xerais do País Vasco; aos Cabidos Insulares canarios; aos Consellos Insulares de Baleares; ao Consello Xeral de Arán; aos concellos de Navarra; e ás entidades de ámbito territorial inferior ao municipio.
En 35 municipios e en 110 entidades menores houbo que repetir as eleccións o 20 de novembro do mesmo ano (coincidindo coas Eleccións a Cortes Xerais), ben por defectos no reconto dalgunha mesa, por defectos na comunicación de resultados, ou pola falta de candidatos.[3] [4]