El País
xornal español / From Wikipedia, the free encyclopedia
El País (autodefinido como «Diario independente da mañá») é un xornal español de ámbito nacional, redactado integramente en castelán (agás algunhas páxinas illadas nas edicións autonómicas) e de pago. Cunha media de 457.675 exemplares diarios, é o periódico non deportivo de maior difusión de España, segundo a Oficina de Xustificación da Difusión. Ten sede social e redacción central en Madrid, aínda que conta con delegacións nas principais capitais de España (Barcelona, Sevilla, Valencia, Bilbao...) desde as que edita diferentes edicións territoriais. A última destas en inaugurarse, en novembro de 2006, foi precisamente a correspondente a Galicia.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Logo | |
---|---|
Fundación | 4 de maio de 1976 |
Xénero | Información xeral |
País | España |
Cidade | Madrid |
Ámbito | España |
Idioma | Español |
Periodicidade | Diaria |
Publicación | Matutina |
Tirada | 588.530 exemplares (OJD, xuño 2005) |
Difusión | 457.675 exemplares (OJD, xuño 2005) |
Prezo unitario | 1 € (2005) |
Formato páxina | 41x28cm (AltoxAncho) |
Columnas por páxina | 5 |
Nº páxinas | 98 |
Cor | Branco e negro e cor |
Empresa editora | Grupo PRISA |
Fundador | Jesús de Polanco e Juan Luis Cebrián |
Director | Javier Moreno |
Redactores destacados | José Yoldi |
Columnistas destacados | |
Viñetistas |
Caracterízase por ser un xornal de tendencia europeísta, socialdemócrata no ideolóxico, e polo gran tratamento que dá, no informativo, ás novas de carácter internacional, de cultura e de economía, ademais da información sobre España. Conta con columnistas e colaboradores puntuais provenientes de diferentes ámbitos sociais, que avezan a reforzar a liña editorial progresista do diario. Entre os seus colaboradores habituais destaca o xornalista e escritor galego Manuel Rivas, que ademais publica con frecuencia no suplemento dominical de El País, EPS País Semanal.
No aspecto formal, El País caracterízase pola sobriedade expresiva, tanto no tratamento da información como no estético: páxinas a cinco columnas con predominio da orde e a clara distribución dos distintos subxéneros xornalísticos. A fotografía e a infografía cumpren un papel secundario de apoio á información escrita. Desde a súa fundación sempre mantivo o mesmo deseño e tipografía: a Times New Roman.
As imaxes son maioritariamente en branco e negro, coa da portada sempre en cor (só desde uns anos atrás), xunto con outras fotografías illadas do interior.
El País pertence ó maior grupo de medios español, o Grupo PRISA, que é tamén propietario da Cadena SER (radio), Cinco Días (prensa económica), Santillana, Diario As (prensa deportiva), Los 40 Principales (radiofórmula), Sogecable; Cuatro e Digital+; e Localia (televisión).