Eivisa
illa das Baleares, España / From Wikipedia, the free encyclopedia
Eivisa[2][3][4] (en catalán e oficialmente: Eivissa[5], en castelán: Ibiza) é unha illa española situada no mar Mediterráneo e que forma parte da comunidade autónoma das Illas Baleares. É a segunda illa máis poboada do arquipélago tras Mallorca e a terceira en superficie, por detrás de Mallorca e Menorca.
Datos rápidos Situación, País ...
Eivisa | |
---|---|
Eivissa | |
Vista por satélite de Eivisa e Formentera. | |
Localización nas Illas Baleares | |
Situación | |
País | España |
Comunidade autónoma | Flag of the Balearic Islands.svg |
Provincia | Illes Balears |
Arquipélago | Illas Baleares |
Coordenadas | 38.98, 1.43 |
Xeografía | |
Superficie | 572,56 km² |
Punto máis alto | 475 msnm, Sa Talaia |
Distancia a terra | 79 km |
Demografía | |
Capital | Eivissa |
Poboación | 142.0652 hab. (INE 2016) |
Densidade | 234,84 hab./km² |
Xentilicio | eivisenco, -a[1] |
Lingua propia | Catalán e castelán |
Pechar
A illa é coñecida a nivel internacional pola beleza das súas calas e praias e a calidade das súas augas. É coñecida tamén pola súa vida nocturna, as súas festas e discotecas, que atraen a numerosos turistas. Parte da súa superficie foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999 pola súa biodiversidade e cultura.