Eifel
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Eifel (AFI:ˈaɪ̯fl̩), (en luxemburgués Äifel) é unha cadea montañosa de escasa altitude e orixe volcánica situada, en case a súa totalidade, no oeste de Alemaña, ao sur de Colonia.
Datos rápidos Localización administrativa, Localización ...
Eifel | |
---|---|
Mapa topográfico da rexión do Eifel | |
Localización administrativa | |
Localización | Alemaña (Renania do Norte-Westfalia e Renania-Palatinado) e as partes orientais de Bélxica e de Luxemburgo |
Características xerais | |
Altitude | Hohe Acht, cono volcánico de 747 m |
Pechar
Ocupa partes dos Länder de Renania do Norte-Westfalia (o suroeste) e de Renania-Palatinado (o noroeste), e tamén o leste de Bélxica (onde están as comunidades de fala alemá deste país) e o leste de Luxemburgo.
Forma parte do Macizo Xistoso Renano, e na súa parte norte se encontra o Parque Nacional Eifel.