Drenaxe ácida de minas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A drenaxe ácida de minas ou, máis en xeral, drenaxe metalífera e ácida, ou drenaxe ácida de rochas é o fluxo de augas ácidas procedente de minas de metais ou de carbón ou de formacións naturais similares.
A drenaxe ácida de rochas prodúcese de forma natural en certos lugares como parte do proceso de meteorización das rochas, pero é exacerbado polos cambios a grande escala no terreo característicos da minaría e outras grandes construcións, xeralmente cando afectan a rochas que conteñen abondosos sulfuros minerais. Nas áreas onde a terra foi alterada (por exemplo, lugares onde se fixeron construcións ou estradas) poden orixinarse drenaxes ácidas de rochas. En moitas localidades, o líquido que se drena dos lugares de almacenamento de carbón, instalacións para o tratamento do carbón, lavados de carbón, e residuos de carbón pode ser moi ácido, e en tales casos considérase tamén drenaxe ácida de rochas.
O mesmo tipo de reaccións químicas e procesos poden ocorrer por medio de alteracións de solos sulfatados ácidos formados en condicións costeiras ou de estuario.