Don Nelson
From Wikipedia, the free encyclopedia
Donald Arvid Nelson, nado o 15 de maio de 1940 en Muskegon, Míchigan, é un antigo xogador e adestrador profesional de baloncesto da NBA. O seu último equipo foron os Golden State Warriors, dirixindo anteriormente aos Milwaukee Bucks, New York Knicks e Dallas Mavericks. Todo un innovador do baloncesto, é o inventor do concepto do point forward (unha posición adicional que mestura os mellores atributos da base e o aleiro). Esta táctica é moi utilizada polos adestradores de hoxe en día.
Datos rápidos Posición, Dorsal ...
Don Nelson | |
---|---|
Posición | Ala |
Dorsal | 44, 20, 19 |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 95 kg (209 lb) |
Nacemento | 15 de maio de 1940 (83 anos) Muskegon, Míchigan |
Carreira | |
Universidade | Indiana State |
NBA Draft | 1962 / Rolda: 1 / Elección: 3 Por Chicago Zephyrs |
Tempadas | 1962–1976 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 10 898 (10,3 pp) |
Rebotes | 5 192 (4,9 pp) |
Asistencias | 1 526 (1,4 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como adestrador | |
Adestrador | |
Pechar