División celular
proceso por medio do cal unha célula orixina células fillas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A división celular é o proceso por medio do cal unha célula orixina dúas ou máis células fillas. A división celular nos seres pluricelulares é necesaria durante a embrioxénese, o crecemento, e para substituír as células que morren nos tecidos, e o ritmo de división varía moito dun tecido a outro[2]. Un ser humano ao longo da súa vida realiza miles de millóns de divisións celulares no seu corpo [3], pero as divisións dunha célula individual están limitadas debido ao acurtamento dos telómeros dos cromosomas, e no ser humano o número máximo de divisións é 52 (límite de Hayflick) [4][5]. As células canceríxenas crecen sen parar porque teñen grandes cantidades dun encima, a telomerase, que repara os telómeros [6]. Nos seres unicelulares a división celular completa equivale á reprodución do organismo.