Distritos de Alemaña
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os distritos (en alemán Kreis, plural Kreise) son unidades administrativas de Alemaña (excepto nas tres cidades estado: Berlín, Bremen e Hamburgo) que teñen un nivel intermedio entre os estados federados (Länder) e os niveis locais ou municipios (en alemán, Gemeinden).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Estas unidades corresponden a unidades administrativas de nivel 3 na Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas (NUTS 3) e son aproximadamente equivalentes aos condados dos Estados Unidos.
O termo oficial en todos os estados, menos en dous, é Landkreis, e Kreis nos estados de Renania do Norte-Westfalia e Schleswig-Holstein.
A maioría das grandes cidades de Alemaña non forman parte de ningún Kreis, senón que combinan as funcións dun municipio e dun Kreis; a tal cidade denomínase kreisfreie Stadt (literalmente, "cidade sen distrito"), termo oficial en todos os estados menos un), ou Stadtkreis (literalmente "distrito urbano"; termo oficial en Baden-Württemberg).
No se deben confundir coa Regierungsbezirk (rexión administrativa), que é outro tipo de distrito.
Anteriormente, o título similar Reichskreis (Círculo Imperial) referíase a grupos de estados do Sacro Imperio Romano Xermánico.
O termo relacionado Landeskommissariat utilizouse para divisións administrativas similares nalgúns territorios alemáns até o século XIX.