Distrito de Setúbal
distrito portugués / From Wikipedia, the free encyclopedia
O distrito de Setúbal é un distrito portugués, dividido entre as provincias tradicionais da Estremadura e do Baixo Alentexo. Limita ao norte co Distrito de Lisboa e co Distrito de Santarém, ao leste co Distrito de Évora e o Distrito de Beja, ao sur co Distrito de Beja e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 5064 km², que o converte no 8º maior distrito portugués. A súa poboación total son 815.858 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Setúbal. Actualmente, é o distrito con maior crecemento e desenvolvemento nas áreas de saúde, traballo, economía, turismo, demografía e educación, grazas á súa proximidade ao mar, rede de escolas e facilidade de captación de investimentos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Setúbal.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Setúbal | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 788.459 (155,7 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5.064 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PT-15 | ||||
Pechar