Dionisio o Exiguo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Dionisio o Exiguo, tamén coñecido como Dionisio o Humilde, nado circa 470 e finado circa 544, foi un monxe do século VI nado na Escitia Menor, a moderna Dobruia, repartida entre Romanía e Bulgaria. Foi membro da comunidade dos monxes escitas concentrada en Tomis, a principal cidade da Escitia Menor. Dionisio é famoso por ser o inventor da era Anno Domini, que se usa para numerar os anos tanto do calendario gregoriano coma do calendario xuliano (cristianizado).
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (la) Dionysius Exiguus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 475 Cítia Menor, Roma Antiga (pt) |
Morte | 540 ↔ 556 (68/69 anos) Roma |
Actividade | |
Ocupación | monxe , canonista , tradutor , matemático , escritor |
Período de tempo | Imperio Romano |
Lingua | Lingua latina |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 1 de setembro |
Pechar