Dinastía Xin
dinastía imperial chinesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A dinastía Xin (chinés tradicional e simplificado: 新朝; pinyin: Xīn cháo; Wade-Giles: Hsin1-ch'ao2), tamén coñecida como Xin Mang 新莽 na historiografía chinesa, foi unha breve dinastía imperial fundada no 9 e derrocada no 23. Foi establecida por Wang Mang, quen usurpou o trono do emperador Ping da dinastía Han e do seu fillo, o príncipe Liu Ying. A dinastía Xin gobernou durante máis dunha década até caer a causa das revoltas. Tras a morte de Wang Mang, a dinastía Han foi restaurada por Liu Xiu, un descendente do emperador Jing. Xa que logo, este período adoita ser considerado un interregno da dinastía Han, que divide esta era nas dinastías Han do Oeste e Han do Leste.[1]
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Chang'an | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Fundador | Wang Mang | |||
Creación | 9 | |||
Disolución | 23 | |||
Sucedido por | Han do leste | |||
Moeda | Xin Dynasty coinage (en) | |||
Pechar
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |