Diego López Rodríguez
futbolista español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Diego López Rodríguez, nado en Paradela o 3 de novembro de 1981, é un exfutbolista galego que xogaba de porteiro. Formado na canteira do Lugo, fichou no ano 2000 polo Real Madrid, para xogar primeiro nos seus dous filiais e logo no primeiro equipo, onde apenas tivo protagonismo debido á competencia de Iker Casillas. Entre 2007 e 2012 militou no Villarreal, onde foi titular indiscutible e onde se converteu no gardameta con máis encontros oficiais da historia do club.
Diego López | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Diego López Rodríguez | ||
Nacemento | 3 de novembro de 1981 (42 anos) | ||
Lugar de nacemento | Paradela | ||
Altura | 1,96 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1993–1994 | Sarriana | ||
1994–1999 | Lugo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2016–2022 | → Espanyol | 35 | (0) |
2000–2003 | Real Madrid C | 57 | (0) |
2001–2002 | → Alcorcón | 0 | (0) |
2003–2005 | Real Madrid Castilla | 33 | (0) |
2005–2007 | Real Madrid | 2 | (0) |
2007–2012 | Villarreal | 171 | (0) |
2012–2013 | Sevilla | 8 | (0) |
2013–2014 | Real Madrid | 52 | (0) |
2014–2016 | Milan | 36 | (0) |
2017–2022 | Espanyol | 160 | (0) |
2022–2023 | Rayo Vallecano | 2 | (0) |
Selección nacional | |||
2005–2008 | Galicia | 4 | (0) |
2009 | España | 1 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Tras un breve paso polo Sevilla regresou ao Real Madrid, quitoulle a titularidade a Casillas e participou na conquista da décima Liga de Campións para o club. A continuación xogou dúas tempadas no Milan, sendo titular na primeira delas pero perdendo dita condición na segunda, trala irrupción de Gianluigi Donnarumma. Pasou entón a xogar no Espanyol, no que militou ata os 40 anos, gañando un Trofeo Zamora de Segunda División e converténdose nun xogador histórico do club. Pechou a súa carreira tras unha última campaña no Rayo Vallecano, onde entrou na historia como o gardameta de máis idade en disputar un partido da Primeira División, con 41 anos e 213 días.
Foi internacional coa selección española nun partido amigable ante Macedonia en 2009.