Dereito á vivenda
From Wikipedia, the free encyclopedia
O dereito á vivenda, digna e adecuada, como un dos dereitos humanos, aparece recollido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos no seu artigo 25, apartado 1 e no artigo 11 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (PIDESC):
Artigo 25.1 Declaración Universal dos Dereitos Humanos: Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que garanta a saúde e o benestar, así como a súa familia, e especialmente a comida, a roupa, vivenda, asistencia médica e servizos sociais necesarios. Tamén ten dereito a un seguro en caso de desemprego, enfermidade, discapacidade, viuvez, vellez ou outros casos de perda do seu medio de vida por circunstancias independentes da súa vontade."[1]
Artigo 11 do Pacto internacional de dereito económico, social e cultural: Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado para el e para a súa familia, incluíndo comida, roupa e vivenda adecuada e unha mellora continua das condicións de vida, asistencia médica e os servizos sociais necesarios. Tamén ten dereito a un seguro en caso de desemprego, enfermidade, discapacidade, viuvez, vellez ou outros casos de perda do seu medio de vida por circunstancias independentes da súa vontade.[2]