Dentes de sabre
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo dentes de sabre é un termo xenérico que se usa para describir a numerosas especies de mamíferos dotados de enormes cairos que viviron durante diferentes épocas do Cenozoico.
Estas especies adquiriron os seus característicos dentes de sabre de forma totalmente independente. A morfoloxía dos dentes é un excelente exemplo de evolución converxente, xa que ocorreu repetida e independentemente en polo menos catro grupos diferentes de mamíferos: os macairodontes (Machairodontinae), unha subfamilia dos félidos que inclúe ao famoso Smilodon; os nimrávidos (Nimravidae), unha familia emparentada cos felinos, pero diferente; e finalmente, un par de casos illados dentro dos creodontos (que non son considerados carnívoros auténticos) e os tilacosmílidos, unha familia extinta de metaterios suramericanos.
O atributo máis espectacular e evidente de todos os mamíferos con dentes de sabre son os inmensos cairos superiores. Aínda que o consenso xeral de acordo á súa dentadura é que se usaban para cazar indicando con iso unha alimentación carnívora, a forma exacta na que se usaban foi motivo de debate desde a década de 1880, cando o Smilodon foi descrito por primeira vez.