Dólar de ouro da Exposición de Lewis e Clark
moeda de ouro conmemorativa dos EEUU / From Wikipedia, the free encyclopedia
O dólar de ouro da Exposición de Lewis e Clark é unha moeda conmemorativa emitida en 1904 e en 1905 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos como parte da participación do Goberno dese país na exposición sobre o centenario da expedición de Lewis e Clark, celebrada en Portland, Oregón en 1905.
- Para outras moedas dun dólar relacionadas coa expedición de Lewis e Clark, véxase Dólar de prata do bicentenario de Lewis e Clark e Dólar Sacagawea
Dólar de ouro da Exposición de Lewis e Clark [1][2] | |
---|---|
A/: Busto de Meriwether Lewiscara á esquerda. Data no exergo.
Lenda LEWIS-CLARK EXPOSITION PORTLAND ORE. |
R/: Busto de William Clark cara á esquerda. Valor facial no exergo.
Lenda: UNITED STATES OF AMERICA |
|
Esta moeda, deseñada polo gravador xefe da US Mint, Charles E. Barber, e cuñada na Ceca de Filadelfia, caracterízase pola figura de Meriwether Lewis como motivo central do seu anverso e a de William Clark no seu reverso.
Perseguíase con esta emisión a recadación de fondos para a organización da Exposición de Lewis e Clark en Oregón, mediante a venda das moedas aos coleccionistas e visitantes cunha prima sobre o seu valor facial. Da súa comercialización encargouse o promotor numismático Farran Zerbe, que xa exercera o mesmo labor co dólar de ouro da Exposición da Compra de Luisiana en 1903. Ao non poder venderse toda a emisión, máis da metade da súa tiraxe acabou sendo refundida na Casa da Moeda de Filadelfia.
A moeda dun dólar de ouro da Exposición de Lewis e Clark ten a particularidade de ser a única moeda estadounidense que amosa o retrato dunha persoa real tanto no seu anverso como no seu reverso.[3]