Dólar Morgan
tipoloxía de dólar de prata estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
O dólar Morgan é un tipo de moeda dun dólar de prata estadounidense cuñada entre 1878 e 1904, e novamente en 1921. Este modelo substitúe o da serie anterior, coñecida como da "Liberdade sentada" (Seated Liberty Dollar), que cesara pola aprobación da Lei de Moeda de 1873.[2][3]
Dólar Morgan [1] | |
---|---|
Cabeza da Liberdade ollando á esquerda. Data no exergo. | Aguia que sostén coas súas gadoupas unhas setas e unhas pólas de oliveira, dentro dunha coroa vexetal. Inscrición IN GOD WE TRUST sobre a aguia. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA · ONE DOLLAR. |
|
A moeda debe o seu nome ao responsable do seu deseño, o gravador auxiliar da Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint) George T. Morgan.[2][3]
En 2006, o deseño do reverso dos dólares Morgan foi utilizado para a cuñaxe dun dólar de prata conmemorativo do antigo edificio da ceca de San Francisco.[4][5]