Día de Europa
día internacional / From Wikipedia, the free encyclopedia
En Europa, o Día de Europa é unha celebración anual de paz e unidade europeas. Existen dous días de Europa separados, celebrados o 5 e 9 de maio, establecidos polo Consello de Europa (CoE) e a Unión Europea (UE) respectivamente. Para a UE, o día é tamén coñecido como o Día de Schuman.[1]
O 29 de xaneiro de 2019 presentouse en Bruxelas unha iniciativa de varias asociacións e personalidades co fin de facer que o 9 de maio sexa un día festivo en toda a Unión Europea.[2] O 12 de febreiro a iniciativa votouse nunha sesión plenaria do Europarlamento, presentado pola eurodeputada Maite Pagazaurtundúa. A proposta foi aprobada con 459 votos a favor.[3]