Cuncha
estrutura dura, de natureza calcárea, que cobre externamente o corpo dos moluscos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A cuncha é unha estrutura dura, de natureza calcárea, que cobre externamente o corpo dos moluscos para protexelo dos predadores e servir de elemento de inserción dos músculos e órganos internos. Constitúe, nestes animais, o exoesqueleto ou esqueleto externo propio dos animais invertebrados. Noutros casos, coma nos crustáceos, fálase de casca.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
- Este artigo trata sobre a estrutura animal, para o elemento arquitectónico véxase Pendente (arquitectura), para o elemento estrutural véxase Cuncha (estrutura)
Adopta formas e características moi variables segundo o grupo ó que pertenzan na clasificación taxonómica e, nalgún caso, é interna ou chega a faltar. Pode estar formada por unha peza única ou por dúas ou máis pezas, móbiles entre si, chamadas valvas.
A cuncha é segregada polo manto, tegumento que recobre a masa visceral.