Canto rolado
fragmento de rocha arrastrado por unha corrente de auga / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un canto rolado, canto (ás veces non son rolados), croio, seixo ou callao,[1] é un fragmento de rocha solto, susceptíbel de ser transportado por medios naturais, como as correntes de auga, os corrementos de terra etc.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Canto (homónimos).
Aínda que non se fai distinción de forma, en xeral un canto rolado adquire unha morfoloxía máis ou menos arredondada, subarredondada ou oblonga, sen arestas e coa superficie lisa, debido ao desgaste sufrido nos procesos erosivos e, sobre todo, durante o transporte, xeralmente causados pola corrosión ou as correntes de auga (erosión hídrica).
Tamén recibe os nomes galegos de bocha, cañó, coio, croio, pelouro, riarengo, xeixo, xógara ou xoga[2].