Coviña
oco pétreo na arte rupestre / From Wikipedia, the free encyclopedia
En arqueoloxía, denomínase coviña[1] (tamén chamada cazoleta ou corgo) a un pequeno oco artificial escavado na superficie dalgunhas rochas, tendo xeralmente unha sección semiesférica e planta circular (aínda que tamén se atopen de planta cuadrangular). Poden atoparse tanto illadas como formando agrupacións, con outras coviñas ou con outros gravados rupestres ou petróglifos.
Aínda que o caso máis común é que se atopen gravadas nas superficies de formacións rochosas naturais, tamén poden aparecer en ortóstatos megalíticos.
As coviñas son un dos motivos rupestres máis recorrentes, en todas as épocas e latitudes.[2] Son comúns nos petróglifos galegos. A súa cronoloxía abranguería, en Europa, do Paleolítico Medio (La Ferrassie) até a Idade de Ferro.[2]