Cortes de Navarra
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Cortes de Navarra ou tamén denominadas os Tres Estados, foron unha institución do Reino de Navarra que se xestou con Sancho VII o Forte e que se mantería ata 1841, en que Navarra deixou de ser reino coa Lei de Modificación de Foros de Navarra, desaparecendo xunto á maior parte das súas institucións.
En 1979 durante a transición española estableceuse o Parlamento de Navarra como ente de representación electa previa á autonomía, que en 1982 coa Lei Orgánica de Reintegración e Amelloramento do Réxime Foral de Navarra se regulamentou a súa composición e as súas atribucións actuais. O Parlamento ten como segunda denominación Cortes de Navarra.