Coroa austrohúngara
unidade monetaria do Imperio Austroúngaro de 1892 a 1918 / From Wikipedia, the free encyclopedia
A coroa austrohúngara (alemán: Krone; húngaro: korona) foi a moeda oficial do Imperio Austrohúngaro desde 1892 (cando substituíu o florín ao se adoptar o padrón ouro) ata a disolución do imperio en 1918. A moeda divisionaria era o heller na parte austríaca e fillér na parte húngara do imperio (ademais de halier en Eslovaquia e haléř en Chequia), todas elas equivalentes á centésima parte da coroa.[1]
- Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda).
Coroa austrohúngara † | |
---|---|
Osztrák–magyar korona (húngaro) | |
Ámbito: | Imperio Austrohúngaro |
Fracción: | Filler/heller. |
Moedas: | - 1, 2, 10, 20 filler/heller. - 1, 2, 5, 10, 20 coroas. |
Billetes: | 1, 2, 10, 20, 25, 50, 100, 200, 1.000, 10.000 coroas. |
Emisor: | Banco Austrohúngaro |