Conversa usuario:Tinsiño
From Wikipedia, the free encyclopedia
Benvido á Galipedia User:Tinsiño. Grazas por unirte a nós, a chegada de novos colaboradores sempre é un motivo de ledicia na Wikipedia en galego. Confiamos que coa túa axuda e a doutros moitos este wiki consiga aumentar en cantidade de artigos e na calidade dos mesmos. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:59, 28 abril 2006 (UTC)
Fixen máis artículos que os que aparecen como meus. Pero prefiro que queden en anonimato.
- Sobreira ás veces non pasa pola Galipedia en longas tempadas, polo tanto, quizais non vexa a túa mensaxe ata pasado certo tempo. Con respecto ao teu comentario sobre as túas edicións anteriores, é habitual que os colaboradores comecen facendo edicións sen estar rexistrados. En canto a revelar os artigos editados con anterioridade é unha decisión personal de cada colaborador, dicilo ten a vantaxe de que o resto dos compañeiros saiba que temas dominas e resulta interesante coñecelo. Non obstante non hai ningún problema en caso de non manifestalo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:26, 9 maio 2006 (UTC)
Bueno, finalmente decidín abrirme máis á Galipedia e todos os meus artículos que fixen cando non tiña iniciada a sesión wiki están escritos na miña páxina de usuario. Gracias pola túa atención, Prevert. --User:Tinsiño 19:12, 12 maio 2006 (UTC)
- Aquí estamos todos para colaborar e axudarnos os uns aos outros, así que no que poda axudar podes contar comigo. Fixeime que puxeches Vacaloura e Escornabois todo no mesmo enlace, por iso sae en vermello. Neste momento temos Vacaloura redirixida a Escornabois. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:15, 12 maio 2006 (UTC)
Caramba, estás en todo. Gracias, xa está cambiado. O mesmo pasaba onde poñía "cidade de Huelva", cando o artículo era só "Huelva". Bueno, agora déboche unha. Non voy a descansar ata atopar un lugar onde meteras a pata ;).