Conversa usuario:Luimipi~glwiki
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sobre a norma do galego, nos artigos segue-se a Normativa oficial do galego, ou sexa, as da RAG. A tua pergunta non é ridícula, en absoluto, e ten causado discusións que verás por aí de cando en vez. Parece lóxico seguir unha única norma, porque a coeréncia lingüística axuda a dar-lle un aspeito máis integrado a todo o traballo que se fai. Logo, nas páxinas de discusión, cada un pode escreber como queira (eu mesmo verás que utilizo outras, pero no corpo dos artigos obedezo as Normas). Hai, certamente, ocasións en que temos dúvidas, ás veces por interpretacións, por descoñecimento ou porque nos enfrontamos a solucións ainda inexistentes no uso real. Nese caso, o que facemos é redixir o artigo coa nosa opción preferida e, na páxina de discusión, pedir a opinión dos demais. Hai lingüistas entre os colaboradores e axudan a tomar a decisión.
- Olá, Luimipi, benvido. Tes razón que non é doado atopar quen son os "administradores" (sysops). Para pór-nos en contacto entre nós utilizamos a Taberna, como xa sabes. Nela hai varias seccións (Novas, Políticas, Técnica, Propostas, Axuda, Xeral), onde deixar comentários pero, coa tua suxestión, acabo de crear unha ligazón para a lista de administradores. De todas as maneiras, non son todos os que están (12), xa que 5 deles non son galegos (no inicio de cada proxecto da Wikipedia hai sempre alguén de fora para axudar a pór as cousas en marcha) e estes non pasan por aqui case nunca xa. Eu non estaba daquela, levo ano e medio. Porén, se deixas calquer comentario na Taberna alguén che respostará e xa nos iremos coñecendo.
Sobre o de Portugal, existe esa proposta desde hai un tempo. A base de datos non se pode compartir, pero si se poden utilizar os seus artigos (requiren só unhas modificacións gráficas e talvez de vocabulário), asi que che animo a ir por ese camiño, se queres. Un saúdo e, de novo, benvido. Xosé (✉) 17:51, 7 maio 2006 (UTC)
- En primeiro lugar: Benvido á Galipedia Luimipi. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes.
- A continuación a resposta ás túas preguntas, mediante Special:Listusers/sysop podes coñecer a lista de administradores, deles os administradores activos son: Xelo2004, Alyssalover, Agremon, Rocastelo, un administrador especial o Moderador e finalmente eu mesmo. Cómpre que teñas en conta que os wikis crecen como comunidades virtuais, nalgúns hai unha ou varias (segundo o seu tamaño) e tamén colaboradores que actúan illadamente. Isto quere dicir que non todos os wikis son iguais e dependen moito da comunidade que os sustenta, polo tanto, comparalo coa Wikipedia en castelán non resulta moi apropiado. Por outra banda, non creo que as miñas opinión sexan moi importantes, o importante e que aquí nos xuntamos un grupo de persoas con orixes, ideas e motivacións distintas para crear un wiki que sexa útil para difundir o coñecemento libre e que sexa valioso -na medida do posible- para Galicia e os galegofalantes. A cuestión da lingua é esencial pero non é o único elemento a ter en conta. Clasificar os colaboradores segundo a concepción que teñan dela ou sobre calquera outro tema, non resulta moi beneficioso para o proxecto. Tal como está agora pretende ser un proxecto integrador de todo tipo de colaboradores, facer o contrario sería totalmente contraproducente. Procuramos traballar en común por riba das nosas diferenzas -no caso de que existan- e construir un proxecto valioso para todos. Sobre o galego coido que está ben claro que o wiki está escrito segundo a normativa actual do galego. Por exemplo, en Wikipedia:Política e normas:Toponimia hai algunhas indicacións sobre o uso de Galicia e Galiza, se unha persoa cambia no contido dun artigo unha palabra por outra, sexa cal sexa, por regra xeral desfacemolo, iso faíse extensivo ao outro tipo de cambios semellantes. Sobre o tema da base de datos e facer unha base de datos común coa Wikipedia en portugués: ademais das dificultades técnicas que iso suporía, nin en pt.wiki nin aquí estamos por ir nesa liña. É evidente que establecer unha relación máis estreita cos compañeriros da Wikipedia en portugués si é unha idea que sempre se tivo en consideración neste wiki, de feito recentemente comezamos a colaborar con eles en Commons. Como dixen o sentido deste wiki non só está asociado á lingua, e algúns dos posibles beneficios para os galegofalantes perderíasen se se fusionaran as bases de datos. Espero que con isto respondera a todas as túas preguntas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:32, 8 maio 2006 (UTC)
- Copio aquí a resposta sobre liliense por se non chegas a vela na páxina de discusión do artigo: O problema con liliense é que non hai fontes onde poda confirmarse, as únicas referencias que aparecen en Internet son páxinas de discusión da wikipedia española onde úsaches ti mesmo o termo. En cambio con Sanxenxino si hai referencias. As edicións da Wikipedia deben poder verificarse en fontes fiables de xeito sinxelo. A miña resposta non quere dicir que as fontes teñan que reducirse a Internet, nin que polo feito de aparecer en Internet sexan fiables, tampouco quere dicir que pense ou pensemos que a túa afirmación non é certa, nin sequera que un xentilicio sexa preferible ao outro. Só que para poder incluirse no artigo ten que haber algún xeito de poder comprobalo por calquera colaborador (ou lector) sen grandes dificultades. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:45, 10 maio 2006 (UTC)
- Como xa dixen na mensaxe anterior non dubido do que dis. Xa que eres de Sanxenxo aproveito para pedirche que nos botes unha man —se queres e podes— co artigo, tamén sería de grande axuda se puideras publicar algunha imaxe da vila que sexa túa e estea libre de dereitos. Incluso podería servir para publicar na páxina de Sanxenxo en Commons. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:44, 18 maio 2006 (UTC)