Conversa usuario:Lmbuga/discusións 1
From Wikipedia, the free encyclopedia
Benvido á Galipedia Lmbuga. Sempre nos ilusiona ter novos compañeiros para botar unha man a este proxecto. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa non dubides en preguntar. Saúdos --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 08:41, 10 agosto 2005 (UTC)
- Benvido/a á Galipedia Lmbuga. Resultan moi importantes para a Galipedia os colaboradores novos, e se ademáis de textos engaden imaxes é moi valioso para o proxectro. En canto as imaxes inclúo aquí algunhas matizacións para que non surxan malentendidos: en primeiro lugar temos que coñecer o estatus dos dereitos, no teu caso ao ser o autor como as licencias para Galipedia (licenza GFDL, Dominio público, Creative commons,.... En Marcadores de licenza de imaxe hai máis datos, para engadir un marcador a unha imaxe basta escribir entre chaves o que elixas), en segundo lugar as imaxes, o mesmo que os textos, non poden ir asinadas (enténdese por asinar os pés de foto ou aquelas imaxes que inclúan o enderezo de correo electrónico —na propia imaxe— non cumplirían as regras das wikipedias). Dispoñemos dunha táboa onde se poden engandir todos eses datos (reprosuzoa máis abaixo) .Por último segundo Wikipedia:Eliminación rápida as páxinas que só inclúan imaxes deben borrarse. Moitas grazas por cargar as túas imaxes na Galipedia e calquera dúbida ou cuestión que queiras aclarar sobre o tema podes deixala na sección correspondente da Taberna ou na miña páxina de discusión (enlace talk da sinatura).
Táboa cos datos identificadores da imaxe
- http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:sustituir_polo_nome_da_imaxe.png
|
- Ola, vou inaugurar a túa nova páxina de discusión, xa levo as tesoiras para cortar a cinta, queríache facer unha consulta en relación coa entrada Cancerbeiro, penso que a figura mítica grega é Cerbero (non Cerbeiro nin Cancerbeiro) e que a forma cancerbeiro como gardameta non está recoñecida en galego. Agardo que me podas confirmar eses datos para borrar o artigo, saúdos e grazas.--Rocastelo(fálame aquí) 11:31, 18 febreiro 2006 (UTC)
- Grazas pola contestación, movín a páxina a Cérbero (homónimos) e fixen un pequeno artigo sobre Cérbero, pero non teño claro se a páxina de homónimos sería mellor movela ao Galizionario.--Rocastelo(fálame aquí) 13:21, 18 febreiro 2006 (UTC)