Conversa Wikipedia:Non trabes os novatos
From Wikipedia, the free encyclopedia
, uEstas primeiras opinións estaban na páxina de discusión: User talk:Maañón/propostas/non roias aos novatos:
Gústame este texto, que creo debe engadirse ós "artigos" a ler cando alguén empeza a colaborar na Galipedia (e tamén a ler de cando en vez polos que xa levamos un tempo, a modo de recordatorio), xunto a eses de "facer un bo artigo", "libro de estilo", "como's", etc. Unicamente discutiría esta frase: "non apontes o erro". ¿Como mostrarlle ó "novato" que fixo algo mal se non llo dis? ¿como aprenderémo-los demais se non lemos estas advertencias e correccións que, aínda dirixidas a outro, nolas podemos aplicar en tantos casos? É certo que hai veces que estas correccións se fan con certa rudeza, sobre todo pensando que van dirixidos a un "novato", pero creo que convén dicirlle ó "novato" onde se equivocou e como debe facelo a próxima vez. Como a calquera de nós cando nos equivocamos, claro. Saúdos. Pedro --Lameiro 21:43, 23 setembro 2007 (UTC)
Grazas pola aportacion. Aínda que ao mellor pecando de pouco práctico, eu coido que, as primeiras veces, debese facer a corrección sin llo dicir no user_talk, para non "espantar" aos recén chegados. Xa haberá tempo e tempo de correxir e de irlle mostrando o camiño. Entendo que debe depender da importancia dos erros, e que cada un sopese se vale mais "pasar por alto" que arriscarse a perder a un recén chegado. O artigo ven directamente da wikiportuguesa, preferino poñer tal cual e despois modificalo cun certo consenso de todos os que queiran participar, está claro que hai que matizar un pouco o que pon o artigo no sentido que ti indicas. O mellor creo que é que propoñas unha redaccion alternativa e imola pulindo entre todos---- Maañón (boura, boura) 21:58, 23 setembro 2007 (UTC)
Novas opinións:
- Discordo Non polo texto, senón pola intención coa que se fai esto. Está tan claro que o que se pretende é xogar co sistema, para dividir, que non podo máis que estar en desacordo. AlberteSi, digame? 11:25, 4 outubro 2007 (UTC)
- en qué está tan claro? Lansbricae (Ti dirás) 11:26, 4 outubro 2007 (UTC)